C6H12O6(s)

+ 6 O2(g)

6 CO2(g)

+ 6 H2O(g)

H < 0

 

Indica o desprazamento do equilibrio se levamos a cabo as seguintes modificacións:

a) Aumento da  concentración de CO2.

b) Diminución á metade da concentración de glicosa.

c) Aumento de presión.

d) aumento da temperatura.

 

 

Comentario

 

Os apartados a), c) e d)  resólvense normalmente: aplicando o principio de Le Chatelier.

 

Pero o apartado b) non ten sentido ningún xa que se trata dun equilibrio heteroxéneo e a glicosa está en estado sólido, polo  tanto non podemos falar de diminuír a concentración.

 

Se retirásemos parte do sólido, as presións parciais do O2, CO2 e H2O ían ficar iguais, e o equilibrio non se modificaría.