Cañiza, 14 de Abril de 2004.

NOME_________________________________________________CURSO ____

 

P1.- Calcula os valores de kp e kc a 250 ºC na reacción de formación do ioduro de hidróxeno, sabendo que partimos de dous moles de I2 e catro de H2, obtendo tres moles de ioduro de hidróxeno. O volume do recipiente de reacción é de dez litros.

P2.- As disolucións de sales: a hidrólise.

P3.- Define brevemente o concepto de disolución reguladora e sinala entre os seguintes pares de substancias, os que formarán unha disolución reguladora:

a)      Ácido clorhídrico/cloruro de sodio.

b)      Ácido cianhídrico/cianuro de potasio.

c)      Ácido nítrico/nitrato de amonio.

d)      Amoníaco/cloruro de amonio.

P4.- Sobre 10 g dun mineral que contén un 55% de cinc metálico vertense 30 ml dunha disolución de ácido clorhídrico do 36% e densidade 1.20 g/ml. Calcula:

a)      Gramos de cloruro de cinc (II) producido.

b)      Volume de hidróxeno obtido se as condición do laboratorio eran 40 ºC e 710 mmHg de presión.

P5.- Indica o nome e a función dos seguintes instrumentos de laboratorio.

 

 

 

 

 

 

embudo4.jpg (1781 bytes)

 

 

 

 

 

 

Bureta2.jpg (4111 bytes)

 

 

 

 

 

 

termome4.jpg (1011 bytes)