Cañiza, 16 de abril de 2004.
NOME_____________________________________________________CURSO
____
1.- En tres vértices dun triángulo equilátero de 4 cm de lado colócanse tres cargas puntuais de 1 mC, 2 mC e –4 mC.
Calcula o campo eléctrico no centro do triángulo.
Calcula o potencial eléctrico no centro do triángulo.
Calcula o traballo que se debe facer para levar unha carga de 12 pC desde o infinito ao centro do triángulo.
2.- Un electrón penetra no campo magnético uniforme de 2·10-2 T cunha velocidade de 1200 m/s perpendicular ao campo.
Debuxa a forza magnética que exerce o campo sobre o electrón e calcula o seu módulo.
¿Cál seria o radio da circunferencia descrita polo electrón?
DATOS: Carga do electrón: -1.602·10-19 C; masa do electrón: 9.11·10-31 kg
3.- As leis de Kepler
4.-
Un pescador observa que a rolla da cana se move para enriba e para
embaixo vinte veces en 30 segundos debido a unha onda que se propaga
pola superficie. Se as cristas da onda distan 60 cm entre si:
¿Co que velocidade se propagan?
Desprezando a atenuación, ¿cál sería a ecuación da onda se a amplitude é de 15 cm?
Sen desprezar a atenuación, ¿cál sería a ecuación da onda se a súa amplitude a unha distancia de 30 cm do foco é de 10 cm?