NOME_____________________________________________________CURSO ____

 

 

 

1.- Deséxanse obter 4 litros de osíxeno en condicións normais por descomposición térmica de clorato de potasio do 95.3 % de riqueza.

 

  1. Escribe a reacción que ten lugar
  2. Calcula a cantidade de clorato potásico impuro necesario
  3. Calcula a cantidade de cloruro de potasio que se formará na reacción.

 

 

2.- Para unha reacción química entre gases,

a.       ¿qué relación existe entre a calor de reacción a volume constante e a variación de entalpía da reacción?

b.      ¿poden ser iguais as calores anteriores?

c.       ¿podería dicirse que unha reacción da que a variación de entalpía é negativa sexa espontánea? ¿en qué condicións?

 

 

3.- Coñecendo os dados seguintes en condicións normais: entalpía de combustión do propano (C3H8(g)): DHo=-2220 kJ/mol de hidrocarburo; entalpía de combustión do propeno(C3H6(g)): DHo=-2058 kJ/mol de hidrocarburo; entalpía de formación da auga(l): DHo=-286 kJ/mol e entalpía de formación do dióxido de carbono(g): DHo=-393 kJ/mol.

 

a)      Calcula a entalpía de formación do propano(g) e do propeno(g).

b)      Calcula a variación de entalpía en condicións estándar, no proceso:

 

C3H6(g) + H2(g) ® C3H8(g)

 

c)      Se a variación de entropía neste proceso é de DSo= - 180 J/K, ¿o proceso será espontáneo en condicións estándar?