·
Nunha célula fotoeléctrica,
o cátodo metálico ilumínase cunha radiación de l= 175 nm, o potencial de freado para os
electróns é de 1 V. Cando se usa luz de 200 nm, o
potencial de freado é de 1,86 V. Calcula:
a)
O traballo de extracción do
metal e a constante de Planck;
b)
Produciríase efecto
fotoeléctrico se se luminase
con luz de 250 nm?
Datos: e = 1,6·10-19
C; c = 3·108 m/s; 1 m = 109 nm
Resolución:
A simple
vista vese que é un problema imposíbel, xa que o potencial de freada para a luz
menos enerxética (l
= 200 nm ) é maior que o da luz máis enerxética (l= 175 nm).
Vexamos como
se pretendía que fose resolto o problema:
Ao usarmos a
ecuación do efecto fotoeléctrico, substituindo a
enerxía cinética máxima dos electróns polo potencial de freada multiplicado
pola carga do electrón, temos:
Temos un
sistema de ecuacións con dúas incógnitas, cando se resolve obtense para a
constante de Planck un valor de:
h = - 6.42·10-34
J·s
Que é imposíbel
por ser negativo.
Comentario:
Con toda
seguridade os datos do problema están invertidos, no sentido que a primeira
lonxitude de onda corresponde ao segundo valor do potencial de freada e ao
contrario.